BOIRO> Iniciativa Cidadá de Boiro denuncia os problemas de accesibilidade que presenta a piscina municipal logo da súa reapertura a pasada semana.
Tras tres anos pechada, os usuarios atopáronse con que a cadeira elevadora para que as persoas con mobilidade reducida poidan introducirse na auga non está reparada. Dende a formación independente recolleron as queixas de usuarios e familiares que din, de nada sirve ter baños e vestiarios adaptados se non poden facer uso da piscina.
Critican que o goberno investise máis de 600 mil euros en melloras sen ter en conta algo tan esencial como a reparación da cadeira elevadora.