O Concello de Poio denuncia a falta de prazas de transporte público para o alumnado do IES de Poio

POIO> O Concello de Poio denuncia as deficiencias do transporte escolar do IES de Poio. As prazas de autobuses son insuficientes para a cantidade de alumnos que necesitan o servizo. Dende o concello advirten que non é o primeiro curso no que se atopan con este problema.

O curso escolar comezou o pasado mércores para o alumnado da eso e bacharelato e no IES de Poio xa se atoparon co primeiro problema. As prazas do transporte público postas a disposición do centro son insuficientes para a cantidade de alumnado que as necesita. O concello denuncia un problema que xa aconteceu nos anos anteriores.

Dende o concello sinalan que a desorganización entre a Xunta e Mombús está pasando factura ao alumnado.

Nesta situación atópanse ao redor de dez rapaces e rapazas do centro. A policía local fixo un informe no que certifica a mala organización do transporte escolar no IES de Poio.

A xunta xa informou ao concello que tomarán medidas para solucionar o problema. A concelleira de educación reuniuse esta tarde coas nais e pais para informar das conversacións mantidas coa consellería. Dende o goberno local agardan que a xunta solucione o problema esta mesma semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí