Ata o 28 de febreiro poden presentarse ao V Certame de relato curto

Pontevedra> Dende a Federación de Nais e Pais da provincia de Pontevedra presentaron esta mañá a V edición do Certame de relato curto. Unha actividade que conta con 4 categorías e na que estiman que participarán preto de 800 persoas. Ata o 28 de febreiro poden inscribirse todos os interesados enviando os seus traballos en galego cun máximo de 300 palabras por relato. 

 

Un ano máis chega a Pontevedra o V Certame de relatos curtos con publicación. Unha actividade organizada pola Federación de Nais e Pais da provincia e na que tamén colabora o concello de Pontevedra. 

Un Certame que tamén conta co apoio da Deputación de Pontevedra. 

Dende a Editorial Kalandraka destacaron o persoal que vai a colaborar nesta V edición do Certame. 

Poden participar neste V Certame todos os alumnos dos centros públicos da provincia e contará con catro categorías, primaria, secundaria, bacharelato e formación profesional e xa por último adultos.  O relato, como sempre, deberá ser en galego e terá que ter unha extensión mínima de 200 palabras e máxima de 300. 

Haberá diferentes premios para os gañadores nas distintas categorías. Os 120 finalistas formarán parte dun libro colectivo cos seus relatos. Os interesados en participar poden enviar o seu traballo ata o 28 de febreiro. Para obter toda a información poden facelo a través da web: www.nontedurmar.org. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/certame_relato_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/certame_relato.mp4{/flowplayer}