O PP denuncia a falta de diálogo, de proxecto, de respecto e de transparencia da Deputación

PONTEVEDRA> O grupo provincial do PP fixo unha valoración esta mañá dos 100 primeiros días de goberno da Deputación. Unha valoración marcada pola falta de diálogo e de proxecto que, segundo o partido liderado por Jorge Cubela, existe na institución provincial dende que Carmela Silva está ao fronte. O voceiro popular falou tamén da falta de respecto institucional.

Falta de diálogo, de proxecto, de respecto institucional e de transparencia. Esas son as 4 liñas que marcan a análise que o PP fixo esta mañá dos 100 primeiros días de goberno da Deputación. Un inicio de mandato no que, segundo este grupo provincial, houbo un retroceso moi importante.

O portavoz do grupo provincial do PP quixo tamén destacar a falta de xestión que hai na Deputación. Unha institución que, segundo Jorge Cubela, está a deixar aos concellos totalmente desatendidos.

Jorge Cubela non quixo pasar por alto as faltas de respecto e de diálogo que está a demostrar a presidenta da Deputación.

O PP pide á Carmela Silva un cambio de actitude baseado na transparencia e no diálogo, abrindo así unha nova etapa na institución provincial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí