As obras da estación intermodal de Pontevedra iniciaranse a comezos do 2019

Pontevedra> A conselleira de Infraestruturas e o alcalde de Pontevedra presentaron nesta xornada o deseño do conxunto intermodal da cidade entre as estacións de ferrocarril e autobús. Uns traballos que agardan poder iniciar a comezos do 2019 e que contarán con 5,2 millóns de euros de investimento. O concello asumirá o 25 por cento das obras e a Xunta o 75 por cento restante.

Presentación ante os medios do proxecto final da estación Intermodal en Pontevedra. Unha infraestrutura que unirá a estación de ferrocarril  e de autobús e que segundo informaron nesta xornada, o proxecto definitivo atende ás demandas do Goberno Local.

Dende a Xunta teñen como fin proxectar os dous proxectos á vez, por unha banda a estación de autobuses e pola outra a zona que rodea esta infraestrutura.

Uns traballos que se licitarán a finais de este ano co fin e obxectivo de comezar as obras a inicios do 2019.

Uns traballos que contarán cun investimento de 5,4 millóns de euros dos cales o 25 por cento sairán das arcas municipais de Pontevedra e o restante, o 75 por cento, da Xunta de Galicia