A Deputación de Pontevedra busca reactivar o turismo a través de workshops

PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra aproba novas medidas de apoio ó sector turístico. O organismo provincial adxudicou hoxe a xestión de dous workshops para a promoción do destino Rías Baixas. Están enfocados ó sector privado e vanse celebrar en mercados emisores de turismo.

O sector do turismo é un dos máis castigados pola crise derivada da COVID-19.  Consciente destas dificultades, a Deputación de Pontevedra anunciou hoxe novas medidas para a súa reactivación. O ente provincial adxudicou esta mañá  a xestión de dous workshops para a promición do destino Rías Baixas. Está dirixido ó sector privado. O obxectivo é crear espazos comúns para o fomento do negocio entre as empresas do sector.

Ademais, a presidenta provincial anunciou que se vai duplica-lo número de salvamanteis promocionais do destino Pontevedra Provincia. A demanda do sector turístico levou á Deputación a facer medio millón de exemplares.

Os salvamenteis distribuídos pola Deputación contan con un código QR, que permite ó consumidor ter acceso a través do seu móbil a información sobre experiencias turísticas seguras na provincia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí