PP e Costas presentan aos veciños de Lourizán a ampliación do paseo marítimo

Pontevedra> O líder do PP de Pontevedra visitou esta mañá, acompañado da xefa provincial de Costas,a parroquia de Lourizán co fin de explicarlles aos veciños o proxecto posto en marcha nesta zona da cidade. Moriera dixo que esta iniciativa permite saldar unha débeda cos veciños de Lourizán, tras case 18 anos de abandono por parte do Goberno de Lores. 

 

O voceiro do PP e a xefa provincial de Costas mantiveron esta mañá un encontro cos veciños de Lourizán co fin de explicarlles o proxecto da pasarela peonil que presentaron dende Costas e que dará servizo a esta parroquia pontevedresa. Segundo dixo esta mañá Moreira, esta iniciativa permitirá saldar una débeda cos veciños tras case dezaoito anos de abandono por parte do Goberno de Lores. 

Un proxecto que Moreira quixo lembrar e destacar que será financiado e aprobado polo Goberno de Mariano Rajoy. 

Un novo tramo marítimo que, segundo o voceiro popular,  suporá un antes e un despois para os veciños de Lourizán que poderán, por fin, sentirse máis achegados a Pontevedra. 

Moreira tamén sinalou que o novo paseo marítimo entre Pontevedra e Marín foi un compromiso que no seu momento anunciara o goberno do Partido Popular e que xa se está materializando. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/pp_pasarela_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/pp_pasarela.mp4{/flowplayer}