O PSOE de Lousame pide que os inmobles con usos agropecuarios non paguen o IBI

    LOUSAME> O PSOE de Lousame está a desenvolver unha campaña de recollida de sinaturas para conseguir a redución completa do IBI para aquelas propiedades destinadas a usos agropecuarios. Instan ó goberno municipal a establecer a máxima bonificación para este tipo de infraestruturas nun concello eminentemente rural. Os socialistas de Lousame irrompen no proceso de regularización de catastral que se está a levar a cabo no concello para evitar o incremento de valor dalgunhas propiedades destinadas a usos agropecuarios como alpendres ou cortellos. Piden, a través da recollida de sinaturas, que este tipo de propiedades en moitos casos anexas ás vivendas estean exentas do pago do IBI.