As medidas adoptadas por Calizamar non conseguen reducir as molestias ós veciños

    calizamar_100_031208.jpgBOIRO > A actividade da factoría ‘Calizamar’ situada no polígono de Espiñeira segue a xerar diversas molestias para os veciños da zona.

    {flowplayer}barbanza/calizamar.flv{/flowplayer}

    As melloras levadas a cabo ata o de agora pola dirección de ‘Calizamar’ no seu sistema de eliminación de residuos non convence ós veciños da zona de Sandrenzo, Comoxo e Bermo, as aldeas máis próximas ó polígono, que seguen a sufrir as molestas consecuencias derivadas da súa actividade.

    Dende hai seis anos, data na que a industria, dedicada ó tratamento da cuncha do mexillón, se asentou no polígono de Espiñeira, levan padecendo o problema dos malos olores.

    Peche

    Polo momento, o executivo non determinou a paralización da actividade da empresa a pesar das numerosas queixas veciñais. Nun encontro mantido este martes na casa consistorial, no que participaron representantes veciñais, de Calizamar e do propio concello, o executivo boirés doulle un mes de prazo á empresa antes de ordena-lo seu peche.

    A pesar das numerosas probas realizadas ata o de agora, a dirección da empresa aínda non dou cunha solución. Unha circunstancia que fai ós veciños desconfiar de que esta sexa a definitiva.

    Redacción Barbanza