O saneamento integral da Ría de Muros-Noia, prioridade para En Marea

    NOIA> O grupo parlamentario presentará varias emendas ós orzamentos da Xunta a partir das propias solicitudes formuladas nas distintas agrupacións locais. Será unha das súas prioridades. O grupo parlamentario de En Marea, a instancias das solicitudes realizadas dende as distintas agrupacións locais, presentará varias emendas ós Orzamentos da Xunta centradas no saneamento integral da Ría de Muros-Noia. Neste sentido reclaman que se destinen un dous millóns de euros para avanzar nos procesos de saneamento dos concellos que verten directamente a bancos marisqueiros . É o caso de Abelleira en Muros. Pontenafonso, Cando e Lantarou en Outes e a mellora nas estacións de bombeo de Noia. Outra das súas prioridades será a busca de solución definitivas ós problemas derivados da turbidez da auga corrente de Noia, a través da creación dun depósito de auga. En materia educativa tamén propoñen destinar unha partida duns douscentos mil euros para diversas obras de mellora na fachada do colexio Ricardo Tobio de Esteiro e de trescentos mil para poner a calefacción no colexio de Louro. No eido da sanidade En Marea tamén realizará varias propostas. Neste caso a solicitude dunha ambulancia asistencial en Porto do Son, melloras no Punto de Atención Continuada de Noia, así como unha inversión de 1,2 millóns de euros para o Hospital da Barbanza.