SOS-Sanidade pública esixe que se aceleren os prazos do Gran Montecelo

PONTEVEDRA> A Plataforma SOS-Sanidade Pública volve mobilizarse a prol da ampliación do Hospital Montecelo. O colectivo considera escaso o millón de euros que a Xunta consigna nos orzamentos de 2017 para este proxecto, por iso esixen maior compromiso e se axilicen os prazos. Actualmente están a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular que xa supera as 10.000 sinaturas.

 

A Plataforma SOS-Sanidade Pública demanda á Xunta de Galicia máis compromiso coa ampliación do Hospital Montecelo. O colectivo considera insuficiente a partida de 1 millón de euros que se destina a este proxecto nos orzamentos para o 2017.

Na súa reclamación buscan tamén o apoio dos partidos da oposición no Parlamento de Galicia. De feito, están a promover unha Iniciativa Lexislativa Popular para buscar o seu compromiso coa ampliación que xa conta con 10.030 sinaturas.

Os alcaldes da contorna xa amosaron o seu apoio á iniciativa. Esta mañá asistiron á rolda, xunto a representantes de sindicatos e outros colectivos que defenderon a ampliación en lugar da construción de Montecarrasco.

A plataforma ten o 20 de febreiro como prazo máximo para entregar a iniciativa, que xa conta cos apoios suficientes. Aínda así, xa anunciaron que continuarán coa recollida de sinaturas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/sos_sanidade_publica_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/sos_sanidade_publica.mp4{/flowplayer}