Dieste busca apoio en Madrid para a rehabilitación do Pazo de Goiáns

    BOIRO> O alcalde aproveitou a súa viaxe a Fitur para acudir para manter diversos encontros con responsables do Ministerio de Cultura e trasladarlle da necesidade de levar adiante a mellora do edificio. O rexedor boirense acudiu ó Ministerio de Cultura en busca de financiamento para poder levar a cabo a tan ansiada rehabilitación do pazo de Goiáns, un espazo de titularidade municipal de indubidable valor patrimonial. A intención do Concello pasa fundamentalmente por poder retomar o proxecto de restauración deste inmoble realizado hai máis de sete anos e que dependía dunha partida duns cincocentos mil euros procedentes do Goberno Central que nunca chegou a materializarse. Dieste asegurou que a prioridade neste momento pasa por actuar sobre a edificación principal e a capela para evitar que avance no seu actual deterioro. Cabe lembrar que o inmoble está protexido baixo a catalogación de ben de interese cultural. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/busca_financiamento_rehabilitacion_pazogoians1901171.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/19/busca_financiamento_rehabilitacion_pazogoians190117.mp4{/flowplayer}

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí