PONTEVEDRA> Foi o sábado cando a alfombra vermella despregouse no Recinto Feiral. A cidade vestiu de gala para recibir a todas as estrelas que acudiron á gala de entrega dos Premios Feroz. Antes de entrar, todos destacaron os encantos de Pontevedra e de Galicia. Tamén a súa satisfacción porque galardóns coma este non se celebren sempre en Madrid.
Os rostros máis coñecidos do cinema e da televisión españolas pasearon por Pontevedra esta fin de semana.
Algúns chegaron directos para a gala do sábado. Pero moitos outros decidiron aproveitar a oportunidade de gozar dos encantos da cidade. Os máis repetidos: a gastronomía e os propios pontevedreses.
A gala dos Premios Feroz foi a escusa perfecta para achegarse ata Galicia. Moitos confesaban na alfombra vermella que era a súa primeira vez en Pontevedra.
Tampouco faltaron á súa cita cos galardóns outros famosos que si xogaban na casa.
O que quedou claro é que Pontevedra non decepcionou e conquistou aos asistentes a esta gala Feroz. Que celebraron a decisión de levar estes premios máis aló de Madrid.
Pontevedra repetirá como anfitrioa dos Feroz o vindeiro ano. Unha nova oportunidade para demostrar que a cidade está preparada para acoller calquera evento que se propoña.











