Pontevedra terá que sacar de novo a licitación o seu contrato do lixo

PONTEVEDRA>  Pontevedra terá que sacar de novo a licitación o seu contrato do lixo.

O Concello ten que repetir este procedemento despois de que o Tribunal de Contratación Pública de Galicia estimase unha reclamación dunha empresa de recollida de roupa usada, vinculada a Cáritas. Moda Re-, que é como se chama esa empresa, apuntaba que o Concello non reservaba a recollida de téxtiles para empresas de economía social, senón que contemplaba esa opción como unha subcontrata.

O  goberno local terá que volver cambiar os pregos administrativos e técnicos do concurso e reiniciar o prazo de presentación de ofertas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí