A ponte de maio deixa un 77,15% de ocupación nas Rías Baixas

Pontevedra> A Ponte de Maio deixou un 77, 15 por cento de ocupación na provincia, 15 puntos máis que no mesmo período do pasado ano. Concellos como o do Grove superou o 80 por cento e Pontevedra o 90. Uns datos, que segundo a Presidenta da Deputación, son máis que positivos para as Rías Baixas. O turismo deixou bos datos na ponte de maio na provincia de Pontevedra rexistrándose o 77.15 por cento de ocupación. O que significan 15 puntos máis que nas mesmas datas do pasado ano. Por comarcas o Salnés chegou ao 70 por cento, concellos como O GROVE superaron o 80, Pontevedra acadou o 90 por cento de ocupación e Caldas o 80. No aloxamente rural a provincia rexistrou unha ocupación do 56 por cento, a comarca o Salnés o 41, Pontevedra o 61 e Caldas o 56. En relación ao turismo, a Presidenta anunciou unha nova viaxe de promoción para presentar a Campaña Destino Rías Baixas, a vindeira parada será en Lisboa onde estarán do 8 ao 10 de maio. En relación a Portugal, Carmela Silva, lembrou que máis de 225 mil portugueses visitaron Galicia no pasado ano, deles o 50 por cento elixiron como destino as Rías Baixas. Por esta razón considera que se debe avanzar na promoción turística no país veciño.