Iníciase en Boiro a campaña ‘Centros Comerciais Abertos. Mais que comercio!’

    BOIRO> A directora Xeral de Comercio, Sol Vázquez, presentou esta mañá xunto co presidente da Asociación de Empresarios Boirense, Óscar España e o alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, a campaña ‘Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!’ que durará dende o 1 ata o 30 de Novembro.

    O Concello de Boiro é o protagonista este mes de novembro na campaña ‘Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!’. O ano pasado tratábase de elexir ó comercio máis antigo, onde a gañadora foi a lencería Josefina, pero este ano serán os propios clientes os que elixan o mellor comercio de Boiro. Por cada compra superior a cinco euros nun dos establecementos asociados ó centro comercial aberto, entregarase ós clientes unha tarxeta cun código que deberán introducir na páxina web maisquecomercio.com. Na campaña, financiada pola Xunta de Galicia, participan un total de 93 comercios boirenses onde se poderán gañar máis de 50 agasallos diferentes.O alcalde de Boiro quixo agradecer a iniciativa desta campaña e a súa posta en marcha en Boiro, resaltando que o comecio boirense está crecendo sobre todo os fins de semana. Dende a Asociación de empresarios boirense quixeron facer un chamamento á participación impulsando así as vendas no comercio de proximidade. Recordar a todos os participantes, que os tickets cos códigos só terán validez dende o 1 de Novembro ata o 30 de Novembro no concello de Boiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/campanaabemaisquecomercio0511141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/05/campanaabemaisquecomercio051114.mp4{/flowplayer}