Portos de Galicia mellora o sistema de recollida de lixo existente na dársena ribeiresa.

    jacintopargaribeira_30072008.jpgRIBEIRA > O presidente de Portos de Galicia asistiu esta mañá a unha xornada de formación ambiental dirixida ós usuarios do porto.

    Con esta xornada de formación ambiental realizada hoxe por Portos de Galicia en Ribeira, non se dará solución definitiva ós problemas de acumulación de lixo na dársena ribeiresa, e que tantas veces foi denunciada polos usuarios, pero de seguro contribuirá a súa mellora. Como sinalou o propio presidente do ente autonómico, Jacinto Parga, a iniciativa pretendía recolle-las queixas e principais deficiencias detectadas no servizo de recollida de lixo polos propios usuarios do porto, a quen se lles informará tamén sobre os novos sistemas a implantar.

    Limpeza dos fondos

    O presidente de Portos de Galicia, Jacinto Parga, informou tamén de que nos próximos meses levarase a cabo tamén unha xornada de limpeza dos fondos na dársena ribeiresa como se fixera o pasado mes de xuño na Pobra do Caramiñal.

    Certificado de calidade

    Jacinto Parga confía tamén en conseguir para o porto ribeirés a certificación do Sistema de Xestión e Auditoría Medioambiental da Comunidade Europea que avala a súa calidade.

    Nova lonxa e ampliación liña atraque exterior

    Segundo o propio Parga Portos de Galicia está a rematar co prego de condicións para sacar a licitación a nova lonxa para iniciar así durante o ano que vén a súa construción. No tocante á ampliación da liña de atraque externa do porto ribeirés sinalou que se está a rematar co estudo de de dinámica do litoral. Con estas dúas actuacións resolveranse segundo el os dous principais problemas que presenta o porto ribeirés como é a falla de espazo e a mellora da reordenación.

    Ampliación club náutico

    Ademais Jacinto Parga tamén se referiu a que se atenderán con especial coidado as reivindicacións realizadas dende o propio concello no tocante á ampliación do club náutico dentro do Plan Director de Portos deportivos que pretende poñer en marcha este organismo.

    Redacción Barbanza