As obras de rehabilitación do Pazo de Lourizán estarán en marcha no 2024

PONTEVEDRA> As obras de rehabilitación do Pazo de Lourizán, en Pontevedra, poderían estar en marcha no 2024. Son os cálculos que esta mañá fixo o presidente da Xunta de Galicia. Alfonso Rueda anunciou fronte ao edificio que se porá en marcha un concurso de ideas para elaborar o proxecto, por un valor de case 18 millóns de euros. O goberno autonómico quere converter o espazo nun centro de restauración, aloxamento, divulgación da cultura forestal e formación.

A Xunta de Galicia porá en marcha un concurso de ideas para rehabilitar o Pazo de Lourizán, en Pontevedra.

Segundo os  cálculos do presidente autonómico, as obras poderían estar en marcha no ano 2024. Uns traballos que se dirixirán a preparar a finca para os seus novos usos: divulgación, restauración, xestión, oficinas, aloxamento e apoio.

A intención é crear unha zona de aloxamento con 20 habitacións, que se completará cun establecemento de restauración aberto ao público.

Neste proxecto, a Xunta de Galicia fará un investimento inicial de 17,8 millóns de euros.