A Infanta Elena amadriña o novo curso de Vela Adaptada

SANXENXO> A Infanta Elena inaugurou este mediodía en Sanxenxo o curso de verán do Centro Nacional de Vela Adaptada. A cita foi precedida da presentación do programa ‘Xuntos somos capaces’, deseñado para a integración laboral de persoas con discapacidade. Máis de duascentas persoas participará nata o próximo mes de setembro nos cursos de vela que impartirá en Sanxenxo o centro Nacional de Vela Adaptada. Esta mañá a Infanta dona Elena abría a nova tempada log ode participar no foro empresarial organizado pola Fundación Mapfre, da que é directora de proxectos. O encontro tiña como fin presentar a pret ode 20 firmas que desenvolven a súa actividade nas Rías Baixas ‘Xuntos somos capaces’, un programa que desde hai cinco anos vén fomentando a formación e inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental en toda España. Desde que o programa se puxo en marcha, 1.600 persoas se puideron beneficiar del. A finalidade é continuar ampliando estes bos resultados e acompañalos de actividades deportivas como a vela, que suma ós obxectivos de formación e integración laboral o de integración social. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/09/velaadaptada.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/06xuno/09/VELA_ADAPTADA_SANXENXO.mp4{/flowplayer}