Lores inicia o seu curso político coa vista posta nos comicios do 2019

Pontevedra> Inicio do curso político en Pontevedra. Esta mañá o alcalde ofreceu un almorzo informativo onde fixo balance dos proxectos realizados e xa en marcha dende a Boa Vila. O alcalde deixou claro que Pontevedra é unha cidade onde se pode vivir e traballar e que con ese espírito ilusionante se presentará aos vindeiros comicios locais, o fin, conseguir a súa desexada maioría absoluta.

Todo listo para iniciar o curso político, pero antes de arrancar toca facer balance do feito e do que está por chegar. Iso foi o que realizou exactamente o alcalde de Pontevedra quen nesta xornada ofreceu un almorzo informativo onde falou de diversos asuntos. As inversións, neste capítulo quixo destacar os 50 millóns destinados ao rural.

Tamén falou de turismo, onde dixo que Pontevedra chegou a cifras record neste verán…

A reactivación da construción foi outro dos asuntos que estivo enriba da mesa…

E como non a compostaxe, Lores deixou claro que Pontevedra é a única cidade do Estado que cumprirá a normativa europea de biorresiduos…

E canto ás empresas Lores dixo nesta xornada que a Pontevedra xa lle pasou o tempo de Ence e Elnosa.

De cara aos comicios do 2019 Lores asegura que un dos seus desexos sería conseguir a maioría absoluta.. e que para iso se presentará con ilusión e proxectos para a cidade.