BOIRO> O conselleiro de Educación visitou as obras de rehabilitación integral que se están a acometer no CEIP Praia Xardín de Boiro. A actuación, cun investimento de máis dun millón de euros, suporá a mellora da eficiencia enerxética cun aforro próximo ó 40 por cento.
Román Rodríguez supervisou o avance das obras no CEIP Praia Xardín de Boiro consistentes na mellora da eficiencia enerxética. Educación destina máis dun millón de euros a esta actuación que ademais do illamento da fachada e substitución das cubertas contempla a renovación de carpinterías e luminarias en toda a instalacións.
Está previsto que a actuación estea rematada a principios de 2027, co que a comunidade educativa deberá convivir cos traballos durante parte do curso académico. O alcalde de Boiro aproveitou a visita do conselleiro para trasladarlle as necesidades que presentan outros centros educativos do municipio.Esta actuación enmárcase no Plan de renovación de centros que acomete a Xunta durante este verán con máis de 350 intervencións en toda Galicia.











