Poio móvese polo deporte e vístese de longo na súa primeira Gala

Pontevedra> O centro cultural Xaime Illa de Poio acolleu a primeira Noite Poio Móvese. Unha gala, centrada no deporte, onde se premiou o traballo realizado dende o servizo de Protección Civil do concello e as monitoras do club de ximnasia rítmica Saraiba. Unha cita onde non faltou o humor posto pola mestra de cerimonias, a actriz Isabel Risco, e onde a concelleira Marga Caldas quixo poñer en valor todo o traballo que dende o deporte realizan os clubs e asociacións do concello. 

 

Na fin de semana o deporte estivo de actualidade coa I Gala Poio Móvese:o outro valor do deporte. Unha cita que tiña como fin potenciar e por en valor o traballo que nesta área realizan persoas, clubs e asociacións deportivas do concello. 

Unha cita presentada pola actriz e humorista Isabel Risco e onde tamén estivo presente a deputada da área de deporte Chelo Besada. 

Os premiados nesta primeira edición foron as monitoras do club de ximnasia rítmica Saraiba, con máis de 20 anos de historia no concello de Poio. 

Un club que tamén tivo a oportunidade de reivindicar a necesidade que ten o concello de contar cun novo pavillón. 

Dende protección civil tamén quixeron amosar o seu agradecemento e deixar claro unha vez máis que o seu é un traballo non remunerado que realizan para axudar aos demais. 

O centro Cultural Xaime Illa da parroquia de Raxó foi o escenario desta gala especial onde o deporte, a cultura e a promoción foron da man usando como vehículo principal os eventos e deportistas do municipio. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/23/poio_movese_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/23/poio_movese.mp4{/flowplayer}