Pontevedra> A Garda Civil de Pontevedra disolveu na fin de semana unha concentración ilegal que reuniu a uns 100 vehículos e a 300 persoas no polígono do Campiño. Unha actuación que tivo lugar cando se estaban realizando exhibicións de condución temeraria e que se saldou con 14 denuncias por distintas infraccións ao Regulamento Xeral de Circulación.
A Garda Civil disolveu na madrugada do pasado sábado unha concentración ilegal que reuniu a uns 100 vehículos e a 300 persoas que acudiron como espectadores, procedentes todas elas do entorno de Pontevedra. Asistiron ao que popularmente se coñece como carreiras ilegais. Os axentes sorprenderon os condutores cando estaban realizando exhibicións de condución temeraria. Unha actuación que se saldou con 14 denuncias por distintas infraccións ao Regulamento Xeral de Circulación.Preguntado sobre este asunto o concelleiro de Xuventude, dixo que ese non é un acto representativo.
Os 14 condutores foron sancionados por distintas infraccións ao Regulamento Xeral de Circulación: 5 por conducir de forma temeraria; 3 por dar positivo en sustancias psicoactivas, 1 por non facer uso dos dispositivos de seguridade obrigatorios, 2 por non respectar a sinalización de prioridade e outros 3 condutores por distintas infraccións á normativa de vehículos.En vía administrativa a condución temeraria sancionouse cunha multa de 500 € y la detración de 6 puntos. A infracción pola presenza de drogas está catalogada como moi grave e castigada con unha sanción económica de 1.000 € e a retirada de 6 puntos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/24/carreiras_ilegais_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/24/carreiras_ilegais.mp4{/flowplayer}