‘Sen Pontevedra non se pode levar a cabo o plan de transporte metropolitano’

Pontevedra> A conselleira de Infraestruturas non entende a razón pola cal Pontevedra non asistiu a reunión desta mañá sobre o transporte metropolitano. Ethel Vázquez dixo que tecnicamente este plan está estudado e comprobado. A conselleira anunciou que sen Pontevedra, o resto dos 11 concellos adheridos a este plan, non se poderían beneficiar deste servizo.

A conselleira de Infraestruturas fixo un balance positivo da reunión mantida esta mañá cos 10 concellos vencellados a área de Pontevedra en relación ao transporte metropolitano para esta zona. Ethel Vázquez dixo que a única nota discordante da xornada a puxo o concello de Pontevedra que non asistiu a este encontro, algo que xa anunciaron ante os medios e tamén llo comunicou o alcalde por teléfono a propia conselleira. Vázquez lembrou que se tivo un trato preferente con Pontevedra por iso non entende esta ausencia.

Segundo a conselleira tecnicamente non hai dúbidas do funcionamento do transporte metropolitano por esa razón agarda poder chegar a un bo entendemento co concello de Pontevedra, de non ser así este plan, do que se beneficiarían 11 concellos, todos conformes co mesmo, non podería comezar a funcionar con data o 1 de xaneiro.

Trátase dun plan, segundo a conselleira, que aporta enormes beneficios á área de Pontevedra.

A conselleira agarda que se liman as asperezas e poder chegar a bo porto, xunto co concello de Pontevedra, co transporte metropolitano nesta zona.