Rafa Domínguez presentou esta mañá os 150 avais para optar á Presidencia do PP Local

Pontevedra> O candidato popular, Rafa Domínguez, presentou hoxe os 150 avais necesarios para optar á Presidencia da Xunta Local do Partido Popular de Pontevedra. Un Congreso que terá lugar o vindeiro 28 de xuño. Un Congreso que contará unicamente coa súa candidatura. Rafa Domínguez lembrou nesta xornada que o seu proxecto está centrado na ilusión, no diálogo e en Pontevedra.

Rafa Domínguez presentou esta mañá, na sede do Partido Popular da cidade, os 150 avais necesarios para optar á Presidencia do PP Local.

Dende a presentación da súa candidatura Rafa Domínguez deixou claro que o seu proxecto estará centrado na ilusión, no diálogo e en Pontevedra.

Domínguez di que o modelo de cidade xa non lle pertence ao BNG senón que é de todos os pontevedreses. Recoñece a boa labor que se fixo nos primeiros anos de Lores pero cree que o candidato nacionalista xa perdeu a ilusión e as ganas de traballar pola cidade, algo que dixo, él posúe e deixará patente de chegar a gobernar en Pontevedra.

O décimo segundo Congreso do PP de Pontevedra terá lugar o vindeiro 28 de xuño no Auditorio de Afuncación. Unha cita onde Rafa Domínguez se proclamará como novo presidente do PP Local da cidade.