Boiro Novo esixe un presuposto máis social, participativo e transparente

    Boiro Novo propón un presuposto máis social, participativo e transparente. A asamblea cidadá boirense fixo unha valoración sobre a proposta de orzamentos para o 2017 que este xoves se debatirá no pleno do concello.

     

     

    Para Boiro Novo é imprescindible a presenza nos presupostos municipais de partidas económicas de carácter social, como a dotación dun comedor social público, e a posta en funcionamento inmediata do viveiro de empresas para facilitar o acceso ó traballo. Son algunas das principais demandas que a agrupación política fai sobre o presuposto municipal para o 2017 elaborado polo gobernó local, do Partido Popular ,e que se debatirá este xoves en pleno. Nesta primeira valoración a marea boirense esixe tamén incrementar a partida de emerxencia social ou outra destinada a financiar as necesidades fixadas pola veciñanza en prol da participación cidadá. Ademais, desde Boiro Novo esixen que para garantir a transparencia na xestión pública, o gobernó publicite na páxina web do concello o presuposto municipal durante o periodo de información pública, de forma accesible a calquera cidadáns, facilitando así a presentación de alegacións á veciñanza interesada. .