Raquel Suárez repetirá como candidata do BNG á alcaldía de Boiro

BOIRO> A decisión da asemblea foi unánime á hora de volver designar a Raquel Suárez como candidata do BNG de Boiro ás municipais do próximo ano. A militancia e os compañeiros avalan así o bo traballo feito polo seu equipo dende hai máis dunha década, traballo ó que pretenden dar continuidade na vindeira lexislatura.

Suárez asume o reto de conseguir os mellores resultados nas eleccións de 2023 para a formación nacionalista, que actualmente conta con dous concelleiros na corporación. Nestes últimos anos, desenvolveron importantes iniciativas dende a oposición encamiñadas a mellorar a calidade de vida da veciñanza e facer de Boiro un pobo máis sostible e con mellores servizos públicos.

A candidata informou tamén que se están a retomar as asembleas abertas e os encontros nas parroquias para seguir sumando activos de cara ás eleccións do ano que vén.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí