O BNG expón en Boiro o Plan Único da Deputación

    BOIRO> O BNG do concello de Boiro fixo públicas esta mañá as cifras do Plan Único da Deputación da Coruña para este municipio. A entidade provincial destinará este 2017 unha partida de preto de un millón douscentos mil euros. Faino en resposta ás declaracións do alcalde de Boiro, nas que afirmaba que o concello estaba recibindo menos cartos da entidade.  

      

    A Deputada provincial Ánxela Franco, acompañou esta mañá á agrupación do BNG de Boiro, na presentación do Plan Único provincial para o concello boirense. Os nacionalistas marcan esta diferencia, na comparación con anos anteriores, en resposta ás declaracións do alcalde boirense, o popular Xoan Xosé Dieste, nas que aseguraba que o concello estaba recibindo menos cartos por parte da entidade provincial. Algo, que desde a deputación coruñesa desminten rotundamente. Os nacionalistas resaltaron hoxe que ademáis de aumentar as partidas destinadas ó concello boirense, este novo plan da Deputación fai o reparto entre os concellos por motivos obxectivos e non partidistas. A Deputada aproveitou para suliñar varias das vantaxes que presenta o novo Plan provincial, como un  maior aforro para os concellos, evita burocracias, maior liberdade para cubrir as necesidades dos veciños, maior transparencia ou a priorización do pago a acreedores. E asegurou que este plan non exclúe outros programas cos que se seguirá contando. O BNG destacou tamén que cando este xoves se debatan os presupostos para o 2017 no pleno municipal de Boiro, as partidas da Deputación estarán xa definidas, pero non así, as destinadas pola Xunta de Galicia.