En Pontevedra o paro evoluciona favorablemente e medra a creación de novas empresas

Pontevedra> Os datos que o 2015 nos deixa o Observatorio Urbano de Pontevedra debuxan a cidade do Lérez cun nivel medio alto en cohesión social en relación ao resto das cidades galegas. Na parte económica sitúa a capital de provincia nun nivel medio. Os datos máis destacados foron a evolución do paro, a creación de empresas e o crecemento do porto Marín-Pontevedra. 

O obsevatorio Urbano de Pontevedra presentou hoxe resultados dos datos analizados no ano 2015. Trátase dun estudo no que se utilizaron máis de un millón de datos e que contou con 185 indicadores. 

Algúns dos datos que deixa patente este estudo é que Pontevedra está cun nivel medio alto en relación á cohesión social e nunha comparativa co resto das cidades galegas. No ámbito económico o nivel baixa a intermedio. Pese a isto dende o observatorio destacaron 3 aspectos: en primeiro termo que se nova unha evolución positiva do paro, en segundo lugar que aumenta a creación das empresas e en terceiro termo destacaron o crecemento do porto Marín- Pontevedra. 

Uns datos que confirman a liña de traballo trazada polo concello. A concelleira de promoción económica deixou claro que con estes datos é evidente que Pontevedra non é nin moito menos a cidade do paro. 

O financiamento para este estudo no que traballaron preto de 20 persoas foi de 15 mil euros. Dende o concello teñen claro que continuará apostando por estes traballos e que o orzamento será mellor neste ano. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/observatorio_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/observatorio.mp4{/flowplayer}