A Sareb continúa cos procesos xudiciais a pesar de estar negociando cos veciños de Barro con orden de desafiuzamento

BARRO> Temor entre a veciñanza de Barro afectada polas ordes de desafiuzamento trala celebración dun novo xuízo. Nesta volta, o proceso foi contra o empresario da clínica dental polo dereito de retrato do inmoble. Trala celebración, os veciños creen que o odontólogo recibirá a mesma sentenza que a propietaria de agrocampo, o pago de 14 mil euros polas cotas do xuízo. A veciñanza denuncia o comportamento da Sareb, que continúa cos procesos xudiciais a pesas de estar en proceso de negociación.

A veciñanza de Barro afectada polas ordes de desafiuzamento continúa sen atopar unha solución ao seu problema. E lonxe de ver a luz ao final do túnel, cada novidade supón un golpe máis para os seus intereses. Este xoves manifestáronse ás portas do xulgado de Caldas debido a que un dos veciños foi chamado a xuízo. Un xuízo que se celebra a pesar de que as negociacións coa Sareb, xa estaban en marcha.

Nas negociacións, a veciñanza e a Sareb buscan chegar a un acordo co prezo dos pisos para que os alugados poidan mercalos en propiedade. Pero segundo denuncia, o banco malo só lles pon trabas para evitar reducir as cantidades das súas ofertas e que as negociacións se alonguen.

O xulgado celebrado este xoves foi contra o empresario da clínica dental polo dereito de retrato do inmoble.

Trala celebración do xuízo, os afectados móstranse pesimistas. Xa que sinalan que a xuíz tratou o tema ao igual que no caso da empresaria de agrocampo, a cal recibiu unha sentenza desfavorable de 14 mil euros polas cotas do xuízo.

Os afectados non entenden o comportamento que ten a Sareb, xa que o banco atópase vendendo pisos a prezos inferiores dos que o mercou, a diferencia de eles que buscan compralo pola mesma cantidade, ou incluso un pouco máis. Lamentan que os políticos non fixeran nada para solucionar o seu caso.

A expensas do que pase coa sentenza, os afectado afirman que continuarán coa mesma folla de ruta, mobilizándose nas rúas e mantendo negociacións coa Sareb ata que o banco rebaixe as súas pretensións a unhas cantidades que consideren xustas para mercar os inmobles.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí