A Garda Civil investiga o ataque a un can en Barro que tivo que acabar sendo sacrificado

BARRO> A Garda Civil investiga o ataque a un can na parroquia de Porráns, en Barro. Todo apunta a que o animal foi golpeado por alguén. Esa presunta agresión partiulle a columna por dous sitios, obrigando á súa dona a sacrificalo. A propietaria fai un chamamento a que posibles testemuñas dos feitos aporten información sobre quen puido facer algo así.

Zeus tiña 10 anos e fora adoptado no Refuxio de Cambados. Vivía coa súa dona en Meis, aínda que por motivos persoais deixouno na casa do seu pai, en Barro, uns días. A fatalidade quixo saíse da horta resultando vítima dun presunto ataque por parte de alguén.

Todo apunta a que o animal sufriu un ataque cun pau ou unha barra de ferro. As consecuencias, foron tráxicas.

María do Carme e o veterinario que tivo que sacrifica-lo can descartan outro tipo de supostos, como un atropelo ou o ataque doutro animal. Os feitos aconteceron na zona de Lourido, na parroquia de Porráns. Ademais, segundo relata María do Carme a agresión tería producídose pola mañá, sen que ninguén parase ata a tarde para asistir o animal.

María do Carme xa denunciou os feitos ante a Garda Civil. Fai un chamamento a quen puidera ter visto algo a que aporte información. Pídelle ao suposto agresor da súa mascota que non volva cometar nunca máis unha atrocidade como a que rematou coa vida de Zeus.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí