O concello de Vilagarcía comeza a rolda de diálogos para aprobar os orzamentos

    VILAGARCIA> O executivo de Varela ten por diante a difícil tarefa de retomar o diálogo cos diferentes grupos políticos, e escoitar as súas propostas para garantir que o Presuposto de 2017. Este mércores a portavoz do goberno en Vilagarcía, valorou positivamente as propostas do BNG e recoñeceu un achegamento con Esquerda Unida.

     

    A pasada xornada o goberno de Vilagarcía retomou o diálogo cos diferentes grupos políticos da vila, para escoitar as súas propostas e intentar conseguir os apoios necesarios para a aprobación do Presuposto 2017. O primeiro encontro foi co portavoz de Somos Maioría, Gaspar González. Un encontro no que a voceira municipal lamentou a falta de propostas por parte de este grupo. 

    A segunda reunión tivo lugar co BNG, na que avanzaron sobre as propostas da formación nacionalista, e das que García, recoñeceu continúan na senda de medidas nas se traballa na actualidade dende Ravella. 

    En canto a Esquerda Unida, Tania García, valorou positivamente, segundo as súas palabras o cambio de actitude do seu voceiro, e están a espera dunha nova reunión.  

    Pola súa banda o Partido Popular emitiu este mércores unha nota de prensa posterior a reunión mantida a última hora da mañá de este mércores, na que valoraba negativamente a reunión co grupo de goberno. Tomás Fole tildou de papel mollado o borrador entregado, e afirmou que o goberno de Alberto Varela “continúa en pañais”. Dende o concello, Tania García, afirmou que a intención do executivo é sacar a diante os presupostos na primeira quincena de febreiro. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/presupostos_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/25/presupostos_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí