Dende o PSOE de Pontevedra piden que a Xunta asuma as súas competencias en igualdade

Pontevedra> Dende o PSOE presentarán mocións en todos os concellos da provincia co fin de pedirlle á Xunta que asuma as súas competencias en materia de igualdade. Dende as filas socialistas consideran imprescindible que o Goberno galego incorpore aos seus orzamentos partidas para os Centros de Información á muller, xa que 27 concellos da provincia carecen deste servizo. 

 

Dende o PSOE de Pontevedra presentaron unha iniciativa que van a levar a cabo en todos os concellos co fin de que a Xunta de Galicia asuma as súas competencias na materia de Igualdade. 

Dende o PSOE presentarán en todos os concellos da provincia unha moción solicitando máis orzamento para a Igualdade e para  que os Centros de Información á Muller se vexan reflectidos nos nos orzamentos da Xunta. 

Dende o PSOE denuncian que 27 concellos da provincia de Pontevedra non teñen Centro de Información ás mulleres, un feito que non se pode permitir na sociedade actual. Os socialistas cren que a xunta non fai nada pola igualdade, é máis, reducen un 16 por cento o orzamento destinado a esta materia. Dende o PSOE cren que dende o Goberno de Feijóo debe dotarse ás mulleres de métodos de prevención e que o CIM  debe ser un servizo estable, continúo e asentado. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/26/cim_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/26/cim.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí