O BNG inicia unha campaña para solicitar a transferencia da AP-9 a Galicia

Pontevedra> A voceira nacional do BNG e diversos cargos do partido comezarán reuníronse esta mañá no centro social do Gorgullón. O fin desta xuntanza foi o de informar aos medios que van a comezar unha campaña institucional onde solicitarán a transferencia da AP9 a Galicia e a supresión progresiva das peaxes. Lores e Pontón lembraron que esta sangría que sofren os galegos continuará ata o 2048, data na que conclúe a concesión a AUDASA. A suba da peaxe na AP 9 é unha realidade que non están dispostos a aceptar nin moitos veciños nin partidos políticos como o BNG. Esta mañá os dirixentes deste partido reuníronse no centro social do Gorgullón para dar a coñecer a campaña institucional que van a iniciar co fin de poñer fin a esta situación. Ana Pontón dixo que o BNG non vai a permitir que AUDASA continúe saqueando aos galegos co beneplácito de Feijóo e de Rajoy por esta razón solicitan a transferencia da AP-9 a Galicia e a supresión progresiva das peaxes. Dende o BNG non entenden como se pode permitir esta suba do 4 por cento na AP 9 e á vez o Estado faille unha rebaixa do 5 por cento a AUDASA. A través de mocións e doutras vías estará presente esta petición do BNG en todos os concellos galegos, o fin que esta transferencia da AP-9 sexa canto antes unha realidade.