Meijón e Galovart darán voz a Vilagarcía no Congreso

    VILAGARCÍA> Os deputados socialistas Guillermo Meijón e Dolores Galovart porán voz ás reclamacións de Vilagarcía en Madrid. Este mediodía mantiveron un encontro en Ravella co alcalde e coa voceira do goberno. Alberto Varela e Tania García trasladáronlle algunhas das reclamacións históricas da vila, e denunciaron o abandono que sofre de Xunta e Estado.

     

    As reclamacións históricas de Vilagarcía chegarán ao Congreso dos Deputados. Así o comprometeron esta mañá os membros socialistas da cámara Dolores Galovart e Guillermo Meijón. Dende Ravella aproveitaron o encontro cos deputados para denunciar a discriminación que sofre a vila.

    Segundo denunciou Varela, proxectos como a reforma integral do paseo marítimo, a construción dun carril bici, o novo centro do saúde ou o saneamento da ría de Arousa, son algunha das necesidades de Vilagarcía que non están a ser escoitadas.

    No encontro que mantiveron este mediodía, os deputados socialistas comprometéronse a levar ao Congreso dúas destas demandas. En concreto, preguntarán ao goberno polo novo cuartel da Guardia Civil e pola estación intermodal.

    Varela tamén se referiu á recente polémica coa Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra, que acusou ao goberno de Vilagarcía de deslealdade ao non convidalos ao acto de inauguración do ximnasio do colexio de Rubiáns, cofinanciado entre concello e Xunta. Sobre estas declaracións, o rexedor arousán pediu menos formalismos e máis cartos sobre a mesa.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/visita_galovart_meijon_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/visita_galovart_meijon_villa.mp4{/flowplayer}