![]()
VILAGARCÍA> O comedor do colexio Vilaxoán converteuse hoxe nunha cociña improvisada onde os alumnos aprenderon a elaborar doces saudables.
Os cativos estiveron guiados por un dos maitres máis relevantes do Salnés, Antonio Bono. Coas indicacións deste profesional da hostalería, os rapaces amasaron pan, elaboraron galletas con formas divertidas e cociñaron tortas.
O obxectivo deste obradoiro é que os rapaces consuman doces tradicionais que son máis sans que os bolos industriais e máis nutritivos. Os nenos divertíronse e aprenderon a importancia de levar unha dieta equilibrada, elaborada con alimentos naturais.
Amais de cociñar, os cativos aprenderon nocións básicas de protocolo e hixiene. O maitre explicoulles qué elementos deben ir nunha mesa e cómo se deben de colocar. Este profesional da restauración anima aos pais a que impliquen aos seus fillos nas tarefas domésticas. Se o rapaz colabora nas labores da cociña será máis correcto, na mesa, e comerá os alimentos, con máis ansias.
O maitre Antonio Bono percorre centros escolares de toda Galicia para educar aos cativos en termos culinarios. Este profesional da restauración considera que esta lección apréndese unha vez para toda a vida.
Durante o ano 2009 Antonio Bono ensinará os beneficios dunha dieta equilibrada a máis de 5.000 escolares de toda Galicia.
Redacción Salnés
{flowplayer}images/salnes/260309_cocina_ceip_vilaxoan.flv{/flowplayer}









