O pleno aproba os orzamentos de xeito definitivo e o PP lembra que levará estas contas ante os tribunais

Pontevedra> Os orzamentos do 2017 de Pontevedra xa están aprobados de xeito definitivo no pleno da corporación. Jacobo Moreira aproveitou a súa intervención para lembrar que levará pola vía xudicial a aprobación dos orzamentos. O líder dos populares engadiu que tamén se van a dirixir ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para denunciar presuntas irregularidades que se cometeron na tramitacións destes presupostos. 

 

Os orzamentos para este 2017 do concello de Pontevedra foron aprobados esta mañá de xeito definitivo co apoio do BNG, a abstención de EN Marea e os votos en contra de PP, PSOE e Ciudadanos. Uns presupostos que o PP levará aos xulgados ao considerar que está viciado o proceso mediante o cal o Goberno aprobou estas contas. Moreira dixo que presentarán un recurso administrativo contra a aprobación do orzamento, e ademáis, tamén se van a dirixir ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para denunciar as presuntas irregularidades que se cometeron na tramitación destas contas. 

Outros dos asuntos que estivo sobre a mesa esta mañá foi o novo regulamento das terrazas, a moción presentada polo PP para a redacción dunha nova ordenanza foi aprobada por unanimidade. 

Iso sí dende o Goberno Municipal teñen claro que esta normativa debe ser sempre consensuada co sector da cidade. 

Un pleno que tamén aprobou de xeito definitivo a modificación puntual do plan urbanístico de Pontevedra que permitirá ampliar o polígono comercial do Vao. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/pleno_concello_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/pleno_concello.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí