As Festas da Peregrina xa teñen pregoeira: Violeta Mosquera, batería da banda Bala

PONTEVEDRA> Violeta Mosquera, batería do grupo Bala, será a pregoeira das Festas da Peregrina 2021. O concello de Pontevedra descubriu hoxe o que é un dos segredos mellor gardados da programación para a semana grande da cidade. Ela é lucense, pero leva 15 anos afincada en Pontevedra e hoxe agradecía ao goberno local esta proposta, que non puido rexeitar.

Pontevedra xa ten pregoeira para as Festas da Peregrina 2021. Naceu en Lugo, pero xa leva 15 anos vivindo en Pontevedra. Chegou para estudar Comunicación Audiovisual e decidiu quedar e desenvolver a súa carreira como batería da banda de rock Bala e como profesora da Escola Bonobo.

Violeta Mosquera terá que dar o pistoletazo de saída oficial á Semana Grande da cidade e no seu discurso non faltará a música nin a reivindicación da cultura.

Para o alcalde, Mosquera representa os valores polos que aposta Pontevedra, poñendo á cidade na vangarda cultural.

Poderemos escoitar o pregón de Violeta Mosquera o vindeiro sábado 7 de agosto dende o palco da Alameda.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí