A Deputación defende a súa política en materia de turismo fronte as críticas dos populares

Pontevedra> Cita plenaria tamén na Deputación. Nun pleno onde se falou dos dereitos das mulleres, a través dos centro de información, e do turismo. Goberno e oposición non coinciden a hora de abordar ningún destes asuntos.  Carmela Silva defendeu a política que en materia de Igualdade e Turismo se está levando a cabo dende a Deputación e dende as filas populares cualificárona de fracaso. 

 

Pleno tamén na deputación de Pontevedra onde se trataron varios puntos, un deles a moción do Partido Popular co fin de instar ao Goberno da Deputación a potenciar o turismo da provincia e a retomar as xuntanzas cos representantes e membros do sector turístico. Dende o PP consideran que dende o Pazo Provincial no están facendo os deberes nesta materia. 

Dende as filas nacionalistas consideran importante potenciar o turismo pero moi ambigua a moción que presentan os populares… 

E pola súa banda o PSOE defende o éxito que en materia de política turística se están levando a cabo na Deputación dende a chegada do bipartito. 

Unha moción que se votou en contra e non saíu adiante xa que contou cos votos negativos do Goberno do PSOE e BNG. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/pleno_dipu_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/01xaneiro/27/pleno_dipu.mp4{/flowplayer}