Dez detidos nunha redada no Vao

Pontevedra> Dez detidos nunha redada antidroga no poboado do Vao de Abaixo. Nun operativo que a Garda Civil iniciou ás 8:30 da mañá e rematou á unha do mediodía. Segundo fontes da garda civil trátase dunha operación importante que conta cun resultados moi positivo. 

 

Momentos de tensión vivíronse esta mañá no poboado chavolista do Vao de Abaixo xa que a Garda Civil desplegou unha operación antidroga que comezou ás oito e media da mañá e se desenvolveu ata a unha do mediodía. 

Dez persoas, segundo fontes oficiais, foron detidas no poboado. Os axentes da garda civil realizaron numerosos rexistros nas vivendas incautando diversas cantidades de heronína, cocaína e tamén armas. 

Fontes oficiais da garda civil calificaron o resultado desta importante operación como moi positivo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/04/redada_vao.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/04/redada_vao.mp4{/flowplayer}