A situación da auga normalízase coas chuvias dos últimos días

Pontevedra> As chuvias destes días sitúan o caudal medio do Lérez en 41,26 metros cúbicos segundo, con esta deixase atrás a seca en Pontevedra. Segundo informou esta mañá Raimundo González, o consumo da auga nos concellos da ría cae a 22 653 metros cúbicos ao día, e o Pontillón do Castro continúa ao 100 por 100. As chuvias dos últimos días, xunto coas que se agardan para as próximas xornadas, deixan atrás a seca e normalizan dun xeito substancial a situación. O voceiro do Goberno Local e concelleiro do ciclo da auga informou que a presa do Pontillón do Castro está ao 100 por cento da súa capacidade e que o río Lérez, subministrador de auga de Pontevedra e os concellos da ría, rexistrou un caudal de 41,26 metros cúbicos, a media máis alta dos últimos catro anos. Por outra banda, o consumo diario de auga está en 22653 metros cúbicos ao día, unha caída sustancial que ten que ver coa recuperación de acuíferos e cun consumo máis resposable da auga. González dixo que con estas choivas a situación vaise normalizando o que non impide que igualmente teñan que estar atentos porque a caída de auga no último trimestre do ano foi notablemente inferior que en anos anteriores.