O concello restaurará a Torre dos Montenegro tralos desprendementos

PONTEVEDRA> As chuvias continuadas das últimas semanas deixaron a súa pegada no conxunto arqueolóxico do Campiño de Santa María. Onte derrubábase unha parte dos restos da Torre de Montenegro. O elemento xa está apuntalado para evitar novos desprendementos, e o concello comezará a traballar nun proxecto para restaurar a cimentación do xacemento.

O concello de Pontevedra pensa recuperar o xacemento arqueolóxico do Campiño de Santa María. Terá que agardar, iso si, a que as chuvias dean unha tregua.

O edil responsable de Patrimonio Histórico visitou hoxe a Torre dos Montenegro. O elemento xa está completamente apuntalado, despois de que onte se produciran desprendementos de pedras por mor das chuvias continuadas das últimas semanas.

Tras coñecer a nova, os operarios comezaron a traballar para asegurar os elementos. Ademais, a concellería de Seguridade Cidadá decidiu pechar a pasarela peonil de Arcebispo Malvar, ata onde caeron algunhas das pedras da torre.

Dende o concello si aseguran que os restos arqueolóxicos que se atopan nas diferentes zonas de Pontevedra están en bo estado, e que o goberno local aposta pola súa conservación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí