
VILAGARCIA> Os cativos de 4º de primaria, de o colexio de A Lomba, en Vilagarcía, visitaron esta mañá a nave que “Amigos de Galicia” ten na vila. Alí puideron aprender a importancia de doar alimentos e outros produtos para axudar as familias que máis o necesita.
Os cativos da escola municipal de A Lomba en Vilagarcía celebraron dunha maneira moi especial o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, que se celebrou o 30 de xaneiro. “A Paz Máis Doce”, así se chama o programa deseñado neste centro vilagarcián, no que estaba programada unha visita o almacén que “Amigos de Galicia” ten na localidade.
Unha iniciativa que ven con moi bos ollos dende a asociación.
Esta xornada lectiva diferente conseguiu non deixar indiferente os cativos, que repararon en aspectos descoñecidos de como traballan este tipo de asociacións.
Curiosidades a parte, algúns sacaron as súas conclusións en canto ao que necesitan dende “Amigos de Galicia”, para continuar axudando aos cidadáns que máis o precisan.
Pero dende a organización amosan a dificultade que supón conseguir algúns produtos de primeira necesidade para as familias, e moi demandados.
Sexa como sexa os cativos de 4º de primaria de A Lomba, non esqueceran esta experiencia e a bo seguro a partir de agora colaboraran con causas como esta sempre que poidan.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/01/visita_amigos_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/01/visita_amigos_villa.mp4{/flowplayer}








