
VILANOVA> Os concellos de Vilanova, A Illa e Cambados apostarán por unha liña de transporte interurbano. Por iso representantes da Mancomunidade de O Salnés reuníranse coa Xunta para plantexar a posibilidade dunha liña que una diferentes concellos.
A falta de liñas de transporte entre diferentes concellos de O Salnés leva xerando críticas dende hai tempo, pero parece que esta situación poderá mudar en breve, a lo menos entre os concellos de A Illa, Cambados e Vilanova de Arousa. Representantes destes concellos reuníronse a prol de conseguir atopar unha solución a este problema.
Despois de presentar unha queixa formal na Xunta de Galicia, os implicados están a espera de que se fixe a data para poderen reunirse co responsable de Mobilidade da Xunta, e así exporlle a posible creación dunha liña interurbana entre os tres concellos.
Na actualidade só un destes tres concellos conta cunha liña directa ao Hospital de O Salnés, e o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán admite que moitos veciños da contorna se desprazan ata a vila para collelo dende alí.
Sexa como sexa haberá que esperar a que se fixe a data para a reunión en San Caetano, na que a bo seguro se tratará de solucionar os problemas de mobilidade de moitos veciños de estes concellos.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/01/conexiones_interurbanas_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/01/conexiones_interurbanas.mp4{/flowplayer}







