Os veciños de Rodrigo de Mendoza queren saber como lles afectará o novo carril bici

VILAGARCÍA> Os veciños da rúa Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía amosan a súa preocupación pola creación dun carril bici. Din que a actuación suporá a perda de moitas prazas de estacionamento, nunha zona de moito movemento comercial. A través da Asociación Fonte da Coca, remitiron un escrito ao Concello solicitando información do proxecto.

Isto é Rodrigo de Mendoza, unha das rúas nas que o Concello de Vilagarcía planea crear carrís bici. Os veciños da zona teñen as súas dúbidas, polo que pode supoñer a actuación para o día a día do barrio.

Segundo a asociación Fonte da Coca, a reforma para a implantación da ciclovía vai supoñer a eliminación dun dos dous carrís ascendentes e de numerosas zonas de estacionamento.

Esa é, precisamente, a principal traba que lle atopan ao proxecto: como lle pode afectar aos comercios da zona.

Acusan ao goberno local de non facilitarlles información sobre o proxecto. Xa presentaron un escrito no Concello.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí