Ana Ortiz toma posesión do seu cargo como nova subdelegada do Goberno en Pontevedra

Pontevedra> Esta mañá tomou posesión do seu cargo a nova Subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz. Un acto ao que non faltaron o anterior subdelegado o Delegado do Goberno e o vicepresidente da Xunta entre outras personalidades políticas. No seu discurso Ana Ortiz dixo que se marca varios retos nesta nova andaina, o principal, loitar contra a violencia de xénero e o fomento da igualdade. 

 

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra quedouse pequena para acoller o acto de toma de posesión de Ana Ortiz, a nova subdelegada da provincia. Un acto ao que non faltou o que ata agora exercera este posto, Antonio Coello, quen na súa intervención agradeceu unha vez máis a colaboración que recibiu nestes anos. E tamén lle adicou unhas palabras a nosa subdelegada. 

Na súa intervención Ana Ortiz amosouse moi agradecida por este novo posto que chega a súa vida profesional. Ortiz dixo que se trata dun mandato apaixoante onde quere abrir a subdelegación á cidadanía e onde ten claro os retos que e obxectivos por cumprir. 

Entre estes retos o máis destacado segundo Ana Ortiz é o da loita conta a violencia de xénero e o fomento de igualdade. Tarefas, na que dixo, traballará duramente nos vindeiros anos.  Pola súa banda o Delegado do Goberno destacou a traxectoria da nova subdelegada en Pontevedra. 

O vicepresidente da Xunta, tamén presente neste acto, quixo enviarlle a nova sudelegada os seus mellores desexos, saben que perden unha boa profesional na delegación da Xunta en Pontevedra pero gañan a unha boa subdelegada para a provincia. 

Un acto que rematou con moitas benvidas, fotos, bicos saúdos e mensaxes de boa sorte para a nova subdelegada do Goberno en Pontevedra, para Ana María Ortiz Álvarez. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/01/nova_subdelegada_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/01/nova_subdelegada.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí