Porto do Son da un paso adiante na accesibilidade universal

    PORTO DO SON> Os núcleos urbanos de Porto do Son e Portosin contan cun novo Plan Director de Mellora da Accesibilidade Universal. Elaborado por un equipo técnico de Cogami, esta mañá foi presentado pola Directora Xeral de Persoas con Discapacidade. 

     

     

    O documento analiza a situación actual da accesibilidade nas rúas destes núcleos urbanos e das posibles actuacións que habería que acometer para mellorala. O Plan Director de Mellora da Accesibilidade Universal  foi presentado esta mañá en Porto do Son polo alcalde da localidade, acompañado pola Directora Xeral de Persoas con Discapacidade, Fabiola García, e polo  presidente de Cogami, Anxo Queiruga. O responsable da Conferederación galega de Persoas con Discapacidade, suliñou que é importante entender a accesibilidade como unha necesidade de toda a sociedade, e non só dun sector da población. Ademáis das rúas, tamén se analizou o estado de sete edificios municipais, nun informe elaborado por un equipo técnico intergrado por dous arquitectos e dous expertos en accesibilidade de Cogami. Os técnicos explicaron esta mañá as análises que realizaron durante os catro meses de traballo. Unha labor que contou cunha aportacióndo concello de 12.000 euros. O alcalde sonense comprometeuse a que este estudo realizado en principio nos dous núcleos urbanos, se faga tamén co tempo en todo o municpio. Para a Directora Xeral, a ribeirense Fabiola García, era a súa primeira visita á comarca na que ata hai pouco era conelleira, e mostrou a súa gratitude ó goberno de Porto do Son polo seu compromiso coa accesibilidade universal. Esta novo plan deseñado para o concello de Porto do Son, con máis de 900 follas, inclúe tamén o ornamento que sería necesario para acometer cada unha das intervencións, alcanzando un total de case 400.000 euros. O mandatario sonense afirmou que gran pate delas serán realizadas antes de que remate a actual lexislatura.  

    Comments are closed.