Ata o 3 de xaneiro poden desfrutar dun sinfín de actividades en Pontexogos

Pontevedra> E nestas vacacións de Nadal os máis pequenos da casa teñen moitas actividades que realizar en Pontevedra. Entre elas, unha das que máis éxito ten é o Pontexogos. Ata o 3 de xaneiro a Praza de España conta con esta actividade composta por un espazo para bebés, ludoteca, espazo de construción, mesas de luz e un sinfín de actividades para o desfrute dos peques da casa. Así e deste xeito nos felicitan o Nadal dende Pontexogos, unha carpa instalada na Praza de España onde os pequenos poden desfrutar con multitude de actividades. O obxectivo desta iniciativa é axudar aos pais a conciliar a súa vida familiar neste tempo de vacacións, un espazo onde os pequenos o pasan de marabilla. Aínda que a actividade que conta con máis éxito nesta edición é sen dúbida a tomenta de neve. Os pequenos encantados e os pais tamén moi contentos por contar con este espazo onde poder desfrutar do seu tempo de lecer a cuberto e cun sinfín de posibilidades. Así que xa o saben ata o 3 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 poden desfrutar desta nova edición de Pontexogos. O día 31 haberá unha gran festa de fin de ano e o día 3 de xaneiro contará coa visita dos Reis Magos.