Pendente de veredicto o xuízo do can “Life”

PONTEVEDRA> Visto para sentenza, así quedou, esta mañá, o xuízo de maltrato animal contra un veciño de Salcedo. Este veciño mantivo a lo menos durante dous meses ao seu can sen alimentación, auga e ningún coidado. Hoxe Life estaba as portas do xulgado de A Parda totalmente recuperado coa súa nova dona. 

 

Así de ben se atopa “Life”, o can de Salcedo que foi atopado hai un ano a piques de morrer, despois de que unha veciña denunciase o Seprona a situación de maltrato, na que se atopaba o animal. O seu dono mantivo a lo menos dous meses sen proporcionarlle alimento, auga ou algún tipo de coidado. A situación de “Life” era crítica cando a protectora animal “Os Palleiros” se fixo cargo do animal. 

Hoxe un ano despois tivo lugar a vista oral para determinar o castigo para o seu ex-dono, que está acusado de un delito de maltrato animal. A acusación popular, que exerce o avogado da protectora “Os Palleiros”, solicitou un ano de cárcere ao entender que o home estaba a deixar morrer o can, e foi a intervención dos veciños, o que o impediu. A presidenta da protectora comentaba as portas do xulgado os importantes esforzos que se tiveron que levar a cabo para salvar ao can.

A historia de “Life” poderíamos dicir que é desas que teñen un final feliz. Esta mañá estivo sentado as portas do xulgado de A Parda en Pontevedra, acompañado pola súa nova dona, e por numerosos membros da protectora animal “Os Palleiros”, que fixeron posible o milagro; que “Life” teña unha nova vida. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/02/xuizo_life_ponte_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/02febreiro/02/xuizo_life_ponte.mp4{/flowplayer}