Dende o PSOE Local teñen claro que o expediente de Elnosa estará resolto en setembro

Pontevedra> Dende as filas socialistas de Pontevedra tamén falaron sobre este asunto. O voceiro do PSOE pide ao BNG que non enturbie esta situación. Agustín Fernández ten claro que ELNOSA marchará da ría de Pontevedra pero para iso ten que haber a resolución dun expediente por parte do Consello Nacional. É dicir, que hai que cumprir cuns prazos que marca a lei, senon, dixo Fernández, o final podería ser peor do agardado.

Dende as filas socialistas piden calma ante as declaración verquidas polo Goberno Local. O voceiro do PSOE da cidade ten claro que as cousas irán ben pero teñen que ir paso a paso e segundo marca a lei.

A Agustín Fernández chamoulle a atención das declaracións da alcaldesa en funcións, xa que di que segundo as súas palabras non entendeu ou non quixo entender as explicacións dadas pola Subdelegada do Goberno o pasado venres.

Agustin Fernández di que este procedemento poderá durar pouco máis dun mes e que a resolución está clara, e será o peche definitivo de ELNOSA na ría de Pontevedra.

Agustín Fernández dixo que con todo agarda contar cunha resolución do expediente para principios do mes de setembro.